Opinión

Os bombeiros de Ourense e o conflicto co Concello - Juan A. Cid Boo

D esexo antes que nada, comenzar esta columna de opinión solicitando desculpas á cidade e aos cidadáns polos desencontros evidentes que se verten a diario entre o Corpo de Bombeiros de Ourense e os seus representantes do Concello.

O que suscribe exerce esta profesión dende hai 25 anos, en calidade de bombeiro, traballo que, con orgullo, formación e profesionalidade desenrolo a día de hoxe, e lamento que as partes se coloquen tan distantes sen recoñecer os erros do legado, que agora conflúen sen remedio.

Aos Bombeiros de Ourense, coma todos os do Estado español, otorgouselles por lei a xubilación anticipada no ano 2008 aos 64 anos, e así sucesivamente ata o ano 2012 aos 60 anos. Así as cousas son que o plantel funcionarial mermou en 17 efectivos, xubilados en 7 anos, e quedan 53 cuando no 2008 había 70.

Como profesional deste colectivo, quero reprochar enerxicamente a deixadez e o olvido intencionado da administración, na persoa da directora xeral Carmen Dacosta, e os seus xuristas, por non terse enterado de que a lexislación estatal era una evidencia, e tentando racanear amortizando prazas ano tras ano, que suman hoxendía a contratación nas concellalías terminadas en ismo (Termalismo, Urbanismo, etc.) sen ofertas de emprego público. A todo isto, cabe engadir que cuando un compañeiro perdeu a vida nos garaxes de Viacambre, atopabamonos exactamente no mesmo grado de risco, e pagamos un prezo moi alto, que nunca olvidarei, pola dor causada, e cónstanme alguns ou moitos falecidos as espaldas, porque os que nos desenvolvemos profesionalmente no filo da navalla ignorantemente cremos que a morte é a nosa aliada e so afecta aos demais, ata que nos demostrou (que se exima de volver facelo) ca peor faciana, que non se alía nin con nós, nin con ninguén.

Te puede interesar