Opinión

Don Quixote bañado en Lúa

Atravesando estamos na noite, leal Sancho, estes camiños da Terra da Chispa bañados por esta fermosísima lúa... pero oh miña sen par Dulcinea,con máis brillo e fulgor resplandecen eses teu ollos, amada míña!

-Non sei porque temos que cabalgar a estas horas, meu señor, aínda que se vuesa mercede pensa que é menester aquí estou eu, fiel a e disposto á nosa nova misión.

-Sancho, Sancho, hoxe reflexionar habemos sobre a luz e as sombras, e nada mellor que a paisaxe nocturna para observar o que luce e o que se agocha.

-Relucen os penedos co luar e agóchanse os xabaríns ó paso das nosas cabaleirias.É eso, señor?

-Eso tamén, leal escudeiro, pero falo doutras luces coma a nobreza e a lealdade e doutras sombras coma a inxustiza e a ignorancia. Reluce o home sabio e o bondadoso e agó- chase de si mesmo quen fai gala do seu infame proceder. Luces e sombras , sinónimos do ben e do mal, amigo fiel.

-Con que rectos consellos vai vuesa mercede, ensinándo- me a senda da fidalguía!Pero non me discutirá, inxenioso cabaleiro, que a lúa que nos acompaña semella un deli- cioso queixo,ou a roda de manteiga que nos deu a señora Xoana, ou a bola de pan, aquela panzota que compartiron connosco as xentes que habitan esta terra de afiadores. Non sei se lembrarme destes suculentos petiscos é luz ou é sombra, meu señor?

-Reflexionemos pois:O seu recordo faite feliz, Sancho? -Pacecéndome está que o saboreo outra vez.
-Vai esta lembranza acompañada dun vivo agrade-ce-

mento, leal amigo?
-Talmente agradecido quedei para a boa xente... que

Deus os ampare,señor.
-Dime Sancho, esta túa meditación saca de ti fermosas

evocacións?
-Faíseme a boca auga, mire vuesa mercede, se evoco. -Pois entón debo dicirche, amigo nobre, que aínda que

parecera unha actitude ou necesidade primaria,en verdade é luz. Luz coma a desa lúa misteriosa que riela no regueiro. -Rielar ou rillar... Ai canto se aprende meu señor nos

nocturnos camiños do mundo! -Decátaste, Sancho do que che digo? -Decato, señor. E non hei de catar.

Te puede interesar