Opinión

Helados de Ourense - Rafael A. Salgado

Era octubre del 2010 cuando escribí esta entrada, que como veis terminaba diciendo: ¡siempre nos quedara el Fri-flan de la Ibense!; ¡qué iluso soy! Pensábamos que eran algo nuestro, que nunca se irían, pero la cruda realidad nos los hizo perder. La verdad es que personalmente tengo la conciencia tranquila, incluso habrá quien me diga que los visitaba con excesiva frecuencia. A pesar de su “frialdad”, raro es el ourensano de mi generación que no lo ha llevado muy dentro, y estoy completamente seguro de que llegando el mes de mayo muchos miramos hacia el Paseo con la esperanza de un regreso que de momento… Nata del Cortijo, mantecado y turrón de la Ibense, ¡hum!



Cando me deixaron esta fotografía, só fáltoume chorar, e é que non sei vós que recordos tedes deste local, pero os meus asegúrovos que son moi doces. Pido desculpas aos seus propietarios, e aos que esperabades datos do edificio, pero hoxe non toca.

A imaxe corresponde a unha época, na que eu só entraba e saía do local, desde o cristal da barra-neveira, pedía o meu "soft" (como anos despois souben que se chamaba), aínda que a frase real, era: "Deáme un de nata da maquina", iso, acompañado do importe, e eiquí viña o problema. Cando a economía era precaria, cousa moi habitual, tiñas que conformar cun de 10 ó 15 (falamos de pesetas), e neses o cucurucho era de "palla", aggg!!!; pero cando tiñas cinco pesos e pedías o de 25 co seu barquillo, iso era un auténtico pracer, aínda que tamén é certo que no momento que o xentil camareiro (amigos en certas épocas), entregábache ese prezado artigo, comezaba unha carreira contra o tempo (sempre perdida), para que non acabase "escurruchando" (goteando) o prezado xeado no pantalón.

Anos despois, cando logo de duras batallas entre o Concello e os comerciantes da zona, peonalizouse a rúa, descubrín a terraza; e con ela outros pequenos ou grandes praceres, segundo o día. Non sei se todos compartiredes comigo o gusto polos xeados, pero para os que non o coñecestes, direivos que tiñan unha copa especial, chamada "Copa Galicia" (nada que ver coas que organiza a Xunta), nove bólas de xeado ao gusto, regadas con nata e siropes varios, e por iso da dieta saudable, adornada con froitas variadas.

Agora que o penso, aínda que eu nunca lle notei cheiro algún, debía emanar algún tipo de efluvio atrainte porque era deixala o bo do "Pereira" enriba da mesa, e a non tardar aparecer pola rúa do Paseo algún parente ou amigo sen présa, disposto a reclamar unha culleriña de apoio, e botarme unha man en aras do coidado da miña saúde, e a miña figura.

Outro día seguirei, que agora mesmo teño que facer un recado cerca do parque do San Lázaro urxentemente.
Sempre nos quedara o Fri-flan da Ibense.

Según ultimas noticias pudiera ser que en breve tengamos una sorpresa; yo prometo recuperar “viejas costumbres”.

Te puede interesar