Opinión

Arde a vida

Australia segue a arder, e é vergoñento que sexan os humanos os que provoquen tanto desastre. Están queimando a vida, a da terra e a da mar, porque os efectos destes incendios tamén se han de notar na mar. E para queimar a vida deste xeito hai que desprezala, o mesmo desprezo que temos que ter polas accións destes individuos, que non atopan outra forma mellor que a vinganza para protestar. Tamén se di que certos intereses inflúen moito nesta lamentábel situación, así e todo, os intereses pola vida, por obrar ben, brillan por a súa ausencia.


A realidade é que a prevención non deu bos resultados, a terra arde por culpa duns desalmados, os mortos superan xa os douscentos e os políticos refúxianse nas súas discusións e debates, as solucións tardan en normalizar a situación e a maioría dos cidadáns están indignados ante semellante panorama, e o triste de todo elo é que se pode evitar, pero hai que ter educación, respeto, tolerancia e saber estar.



Te puede interesar