Opinión

A CANCIÓN DO VERÁN

Ata hai pouco, o que se impuña cando entraba a canícula era a canción do verán. Hoxe en día, as únicas cancións que soan son as que poden extraérense da última enquisa do CIS que, máis que pegadiza, machaca a calquera. Dende o martelo pilón do paro e derivados ata a credibilidade dos nosos artistas, a verdade é que escoitas o estribillo que se vai dun gráfico a outro e botas de menos a Georgie Dann. Pero o que máis chama a atención destes principias, é que hoxe, no verán de 2011, o 85% largo de paisanos teñen o convencemento de que a corrupción anda moi ou bastante extendida. Só un 5% pensa que hai pouca ou ningunha. Xa non vale aquilo de 'coidado co que dicides, que todos non somos iguais'. E, efectivamente, non todos deben ser iguais, pero a sensación que transmite é a que é. Dos catro tunantes cuxos nomes quedaron gravados no subconsciente colectivo á enxeñería financeira de entramados que se extende agora, está claro que o gremio superouse.


Algo habería que facer porque a fisura, que por unhas cousas e por outras está producíndose, ameaza ao sistema mesmo. Os disparos de morteiro veñen dende todas as direccións e, de seguir así, haberá un día en que non saibamos xa nin o que somos. Os españoliños protagonistas do inquérito, propoñen, como mínimo, penas máis duras para os pillados e que se lle impida exercer cargo público algún. A meirande parte denuncia cómo dende algunhas organizacións, mírase cara a outro lado para con eles. E sinálase a concesión de obras públicas, á construcción e ás subvencións como as nais do cordeiro. A ver se tanta penuria axuda a esculca-lo siso.

Te puede interesar