Opinión

Caridade para coa fame

Un maremoto de penurias cubre o ceo que de mal gusto nos rodea. Somos a sarna, o sarampelo, a peste, tocante á falta de sentimentos ou o esquecemento egoísta de saber que no mundo se pasa fame e nós nas nubes, como se non fora problema de todos erradicar ese nefasto afán de esquecerte do necesitado que rebusca nos contenedores o menú diario. Somos todos un puño que se alza maldicindo ao que non sufre, non chora polo irmán que carece de alimentos para vivir e dar de comer aos fillos, esas famélicas criaturas destruídas pola fame que asola recunchos e poboacións enteiras de parte de África. O resto, que xeme tamén, reclama a falta de caridade da que arrogan como seres civilizados.


Esquezamos esa lacra e deixémola pasar como un soño maldito e honremos as nosas conciencias poñendo un pouco cada un, pero de corazón, non como unha limosna. E esquezamos esa frase que di: Abrimos a porta á fame e tiramos o amor pola xanela.


Bo proveito, amigo, se unha hora boa a compartes cun mendigo.



Te puede interesar