Opinión

Cebolas contra o cancro

Pode ser interesante coñecer que ‘o consumo de cebolas podería previr determinados tipos de cancros’.


As cebolas e, dentro delas, as de sabor máis forte, teñen propiedades anticanceríxenas, segundo un estudio da Universidade de Cornell (New York) no que se determinou que estas cebolas inhiben o crecemento de células de cancro de colon, pel, ovarios, pulmóns e de fígado.


O traballo fíxose con extracto de cebolas frescas crúas sen pel, aplicando o extracto ás células humanas. Non é este o primeiro estudio que relaciona as cebolas coa loita contra o cancro, pero si o primeiro que os relaciona coas diferentes variedades e que determina que a protección contra o cancro está relacionada coas de sabor máis forte.


As cebolas crúas conteñen quercetina, unha substancia de gran poder antioxidante, que foi relacionada, ademais de contra o cancro, coa reducción do sodio e do colesterol.


O estudio publicouse no Jornal of Agricultural and Food Chemistry. Aí queda iso.



Te puede interesar