Opinión

Ciencia e realidade

Actualmente acostuma- mos a levar os debates ao terreo das emocións, dando lugar a unha exaltación das paixóns que non leva a nada máis que a ofuscar a mente. Ultimamente leo en moitos medios, artigos onde se trata sobre a teoría da evolución. Efectivamente, ¿qué acontece con eses asuntos que se atopan no límite entre a ciencia, a filosofía e a relixión? ¿É a ciencia a que ten que dar a derradeira palabra nos asuntos da realidade? Hai gran superespecialización en todos os niveis do saber humano, de xeito que se adoita crer que o que un sabe é a derradeira palabra no coñecemento. A ciencia, tal e como a coñecemos, ten como fin estudiar de qué están feitas as cousas e cómo funcionan. Pero cando nos preguntamos sobre a esencia de algo e sobre cal é o fin diso, debemos usar a filosofía e a teoloxía, que son outros ámbitos do saber. Por elo, se todo coñecemento redúcese ao que a ciencia aporta, entón vemos unha moi pequena parte da realidade. O método científico só pódese cinguir ao material. Cando o científico fala de temas espirituais, está a facer uso da filosofía ou da teoloxía. Isto é lexítimo. E tamén o é que a filosofía e a teoloxía poden e deben facer uso do coñecemento científico para poder abarcar toda a realidade. Pero sempre sabendo qué ferramentas usar en cada momento. Pero o material non é o único que existe, porque qué dúbida cabe que a parte espiritual tamén forma parte da realidade.


Efectivamente, polo feito só de estar de acordo ou non con este artigo, xa se está poñendo en marcha a parte espiritual do home, e non se está facendo ciencia. Se nos cinguimos agora á ciencia, esta guíase polas leis naturais, debe explicar estas leis de forma empírica e as súas conclusións non son a derradeira palabra.


Hai algúns temas do saber que se atopan no límite do material e o espiritual, e que debido a non saber abordar o problema, deu lugar a moitos erros. Un deses temas é o que atinxe á orixe do home. Por distintos camiños da física, bioloxía, antropoloxía ou anatomía chegouse dun xeito rigoroso a que a evolución é un feito. Hai moitos datos que o avalan aínda que nos queda moito por saber.



Te puede interesar