Opinión

As condenas, insuficientes

Despois dos últimos atentados de ETA, non basta unha condena nunha aparición pública a un medio determinado. Dende que España entra nun período de transición en 1975 ata a nosa democracia actual, o terrorismo condenou a morte a máis de oitocentas persoas de todas as idades, xéneros e profesións. Condenou ao terror a máis de dous millóns de vascos, extorsionou e fixo emigrar a centenares de empresarios e ameazados de morte. Realizou atentados en toda a xeografía española.


Por eso, o brigada Conde non é un máis e non debemos permitir que se nos esqueza o cancro que desgraciadamente temos na nosa sociedade. Cada vez que se atenta, os políticos apresúranse en comparecer e condenar o atentado e o asasinato, o rebumbio mediático que xera unha traxedia tan intencionada provoca en nós un sentimento de rabia e impotencia e esiximos que deste xeito os nosos representantes falen por nós. Pero unha simple condena, coido que resulta insuficiente.


Este método non basta para desarticular un proceso criminal que está apoiado pola hipocrisía de quen a partir de mañá, esquécense das víctimas. A condena, simplemente, non basta para acadar a normalidade na convivencia pacífica se quen nos gobernan, en maior ou menor medida e centrados noutros intereses, suman unha víctima máis á lista. A condena resulta insuficiente se non nos preguntamos ata onde imos aguantar.

Te puede interesar