Opinión

Cousas do déficit

É a a política, parvo’. Esta é a frase coa que pecha un artigo o Nobel de Economía Paul Krugman (un dos poucos economistas que anunciaron a crise) e debería pautar o curso político dos países e dos organismos internacionais. Resumindo, Krugman nos di que os déficits públicos creados polas axudas non son un drama (pola contra, evitaron un drama), pero que a falta de colaboración entre goberno e oposición si pode ser dramática, pois impedirá as reformas imprescindíbeis para saír da crise.


Ese é o contexto da frase; o problema está agora no déficit de politica unitiva. Ese déficit de cooperación nunca é culpa dunha parte.


Todo goberno dirá que tende a man, e botará a culpa á oposición, pero moitas veces o déficit está na peza básica da seducción: a entrega. Hai que dar cousas, de forma sincera e críbel, para ser correspondido.



Te puede interesar