Opinión

Exemplo turco

En pleno Século de Ouro, o ouro das Indias e o das letras, pero non da liberdade, un dos nosos clásicos exclamaba: ‘¡Quen fora turco, onde hai liberdade de conciencia!’, sen Inquisición.


No noso século, e este mesmo ano, tamén os turcos organizan multitudinarias manifestacións para reclamar a permanencia do Estado laico, conforme á súa Constitución, mentres que aquí, aínda que se critique moito a inxerencia clerical na política, a protesta organizada en defensa da nosa Constitución laica (pois iso quer dicir o ‘non confesional’, segundo sentencia do noso Tribunal Constitucional) só a exercen certos grupos minoritarios.


Por se todo isto fose pouco, estou a ler que Turquía, tan famosa polos seus tabacos, acaba de prohibir fumar en bares e restaurantes, coa aprobación do noventa e cinco por cento da poboación. ¿Haberá, pois, que viaxar a Turquía para gozar dunha mellor liberdade de conciencia e saúde?

Te puede interesar