Opinión

Hoxe é sempre aínda

Hoxe máis que nunca resístome a pensar que o mundo quere ver como se derreten aos seus pés os icebergs, como o sangue coagúlase no asfalto das rúas de Gaza, de Bagdad e de tantos outros lugares do planeta, como se esnaquizan as leis, malgástanse vidas xogando á ruleta, apostando ao vermello ou ao negro (que son as cores que importan). Porque aínda que algúns non saiban nin a cor do petróleo, porque viven de costas ao futuro, si coñecen por desgracia a cor do sangue que pisan nas súas rúas. Desvariamos pensando que o poder engrandece, que a virtude ilusiona e que o diñeiro non fai homes de proveito e mulleres de despeito, sen estar alerta ás ameazas de cada día, sen intuír nin de lonxe, que hai corazóns brandos no aire, que recollen os desfeitos emocionais dos desvalidos. Se algún día fósemos capaces de tocar o Sol coa punta dos dedos, non dariamos conta de que abrasa e se acende aínda máis se o rozamos, fenece entre as lapas porque está farto de envexa, pleno de horrores, oco de rabia e seco de curtametraxes bélicas de segunda.


Esperar desesperanza atórdeme e ruborízame porque penso que o mundo corróese e enfríase, ao noso paso, pero sei que no fondo, que é a primeira planta do túnel dos sonos, aínda resisten caligrafiadas as palabras do poeta, escritas nun verde impecábel, un verde brillante, porque o verde tamén é unha cor que importa, porque espera esperanza e en cada letra grita o que desexamos todos. Hoxe é sempre aínda.



Te puede interesar