Opinión

Manter o equilibrio

Hai uns días escoitaba pola radio unha suxerencia ou noticia sobre o que pode producir o estrés en calquera ser vivo, que deume pena ao escoitalo, porque son amante da natureza e de todo ser vivo que posa sobre este mundo no que vivimos o reino animal, incluídas as persoas que nos denominamos humanos e estamos dotados de intelixencia e usamos ou dominamos ao susodito reino animal. Vivimos na natureza e usamos do resto ao noso beneficio e ten certa lóxica porque os homes primitivos subsistiron da caza.


Pero, a suxerencia ou noticia indignoume tanto que é o que me suxeriu a expresión de que nos denominamos humanos cando non o son os nosos comportamentos. E volvo a facer mención ao reflexado no encabezamento sobre o que pode producir o estrés en calquera ser vivo, e o que escoitei foi que un oso no seu hábitat natural pode vivir entre 50 e 70 anos e que nun zoolóxico á idade máxima que podería acadar sería a de 17 anos. E o digo con toda seguridade, que a ese animal, pertencente ao noso reino, se lle están roubando, minimamente, 40 anos de vida, por un gusto relativamente leve, por os mal chamados humanos. E isto é só un caso dos moitos que se poderían citar.


Deixemos o orgullo a que nos invitan os sistemas capitalistas de tantos gastos superfluos por un triste pracer de distracción onde invírtense nelo moitos millóns, e os millóns que hoxe faltan á sociedade causantes da crise que se padece causada polos desequilibrios entre sectores que dan motivo á acumulación de capitais en poucas mans e o respecto aos gobernantes a poñeren límite ás excesivas propiedades privadas e con eses medios parte do estrés que se está a padecer socialmente, solucionaríase. ¿Qué acontece?, que os gobernantes están asociados a ese grupo que non padece a crise, se quen están á sopa boba a padecesen como o resto dos mortais xa houbesen metido man no diñeiro que a provoca. Hai leis sobre o papel da Constitución pero, non se respectan, a única que se ten en conta é a da propiedade privada sen límites. Xa que o desequilibro entre sectores é o que dá lugar ás crises, xestionadas polas entidades financeiras coa acumulación moetaria nestas, xa sexa intencionada ou por amiguismo cos sectores desfavorecidos. Equilibrio, equilibrio, equilibrio. Única forma de manter o xusto equilibrio social. Non é lamentábel o auxe do chamado bum do ladrillo, que nos deu miles de vivendas hoxe desocupadas e quizáis haxa máis persoas con necesidade de vivenda que destas construidas, incluso dos propios obreiros que as construíron e doutros sectores en baixo ou en desequilibrio.



Te puede interesar