Opinión

Prezos

Se é certo que o petróleo esgótase, tamén pode ser certo que coa auga útil para o consumo humano ocorra o mesmo. Se a falta no mercado de petróleo en cantidade e con prezos especulativos nos leva a utilizarmos productos agrícolas cos que produzamos biocombustíbeis, é lóxico que poida acontecer o que xa algúns din estar pasando, aínda non sendo certo, pero causa alarma e é o que fai subir especulativamente o prezo da cousa.


Se os productos agrícolas que empregamos son de primeira necesidade o problema agrávase de forma máis importante, xa que o número de persoas que se verían afectadas sería dunha progresión xeométrica, e como sempre as máis prexudicadas: as de menos poder adquisitivo, que interpelándoo ao ámbito de nacións, podería desencadearse máis fame da xa existentes no mundo.


Dito isto, ¿por qué non poñemos os prezos do petróleo en relación cos prezos medios dos productos de primeira necesidade para que non se produzan desastres humanos que, supoño, ninguén desexa? ¿E por qué non o dos salarios mínimos? Isto é ao que eu chámolle política económica, o demais farrapos de gaitas.



Te puede interesar