Opinión

¿Tempos de crise?

En algo tan pequeno cabe algo moi grande’, dicía o ingenioso fidalgo don José Bono, sostendo na man o lápis de memoria electrónica que garda os Presupostos do Estado para o ano que ven. É unha imaxe que se repite cada temporada con escasas novidades. Unha delas é a estrenada melena do presidente do Congreso, pero algo tan pequeno non pode ensombrecer o enorme, así que o Gran Wyoming, da man da paciente Beatriz Montañés, foi máis alá e con trucos de edición desvelou as novidades que este ano encerra esa distribución do gasto público, e o lápis de memoria converteuse nunha margarida, logo nun cigarro, nun chisqueiro, nun soplete, nun corno. É dicir, falar da crise tirando polo atallo da maxia. Os de ‘Espejo público’, sempre tan inspirados, viste aos seus colaboradaores como colexiais para falar do mesmo. Un orondo profesor, ante a pizarra, diríxese a Ramón Arangüena, seguro que o pai da broma porque ao lonxe cheira a idea parva; a Rosa Villacastín, co seu babeiro e como dicindo qué pinto eu aquí; ao novo na praza, Maik Alexandre, cuxa misión é, ademais de facer bulto, dar paso á publicidade despois de animar á audiencia a que se gasten os euros enviando mensaxes a Antena 3. Ben, a todos eles, o profesor de matemáticas lles explicaba que en tempos de crise máis alá de seis euros é o infinito. E se non... en todos os matinais, nos informativos choqueiros, e incluso nas revistas que adaptan a realidade aos seus titulares, lanzouse a ‘bomba’: o presuposto da Casa Real sube nunha porcentaje dun non sei canto, que traducido quere dicir que o Rei manexará case nove millón de euros. Pobre Familia Real, ¿cómo poderán vivir sumidos no magma do infinito?

Te puede interesar