Opinión

TEÑO MEDO

Algúns din que non existen máis que dúas cousas: o amor e o medo, e que ultimamente o medo, que sempre xoga en casa pero de visitante, nos ten gañada a partida. Contamos cos medos habituais: o medo a ser o que es e a non ser; o medo as palabras e ao silencio, ao que dis ou ao que calas; a non ter nada que dicir e a non dicir nada; o medo dos demais e á soedade; o medo á tediosa fatalidade do coñecido e á azarosa irrupción do descoñecido; o medo aos irresponsábeis con responsabilidade, o medo a eses inútiles que se deixan utilizar e aos sumisos ante o asoballamento; medo ás guerras, ás frías e, aínda máis ás quentes, o medo a fracasar, o dos que non triunfan para non fracasaren, e o medo a triunfar, o dos que fracasan cando triunfan; o medo a non lembrar e o medo a non poder esquecer? en fin, ¡eu que sei! A eses medos habituais engadímoslle outros que non o son menos: aqueles medos polas cousas que non están na nosa man evitar (á fortuna e á natureza) e o medo por aquelas cousas que son o produto descontrolado das nosas mans: o medo aos mercados financeiros, co seu correspondente manifesto de economistas aterrados de medo e o medo á enerxía atómica e nuclear. Estou cagado, meu. Teño medo, moito medo.

Te puede interesar