Opinión

Urbanidade

Antes, nas escolas, ensinaban as regras de urbanidade. Ser unha persoa educada era ter bos modais, bos costumes. É posíbel que, ás veces, estivérase máis interesado en dotar aos adolescentes dun bo repertorio de actitudes prefabricadas que en desenvolver neles a capacidade crítica e o sentido da responsabilidade. Pero, alomenos, cedíase a beirarrúa ou o asento do autobús ás mulleres e aos maiores; vestíase a xeito para sentarse á mesa e nun merendeiro da praia era obrigado cubrirse cunha camisa ou sudadeira; dábanse ‘as grazas’ cando alguén tiña contigo un detalle; non se permitía berrar pola noite fronte á ventá de quen descansaba Témome que hoxe nos pasamos ao outro extremo. Hai que recoñecer que, a cotío, aquelas normas de urbanidade eran puros convencionalismos sociais, cheos de hipocrisía, eran espellismos que ofrecían unha visión deformada da realidade, con grave perigo: aceptar a mentira disimulada con rutina. Pero repito, quizais nos pasamos ao outro extremo. Nun afán de rexeitar todo convencionalismo, moitos non soubemos discernir e apreciar cómo nunha convivencia son necesarios algúns modelos de conducta.


Hoxe somos ‘agresivos’ uns con outros, non necesitamos un motivo para soltar unha palabra malsoante, cadaquén pensa só en si mesmo e carece de detalles co outro; pola cidade, e penso que tamén na aldea, xa carecemos do decoro e imos lucindo calzóns e bragas (incluso debaixo do bañador) porque está de moda. O noso papanatismo fai que non nos fixemos se quen vai diante é un impedido e, coas nosas présas, poñémoslle no perigo de ir ao chan...



Te puede interesar