Opinión

Xantar, pero a modiño

Segundo un estudio recentemente 003 publicado, comer a présa e, ata a saciedade, é un importante factor para adquirir sobrepeso e obesidade.


O estudio realizouse en Xapón sobre 1.122 homes e 2.165 mulleres entre os anos 2003 e 2006, aos que se entrevistaron sobre os seus hábitos alimentarios, atopándose unha correlación: un maior índice de masa corporal e o costume de comer ata quedar saciado e o comer a présa. As persoas con estes costumes tiñan tres veces máis probabilidades de acadar sobrepeso. Os autores subliñan a importancia do crecemento nas familias de hábitos saudábeis nos nenos en canto a comer a modiño, servir porcións que non sexan excesivamente abundantes e comer dentro dun ambiente que non distraiga. O estudio demostra, e iso é fundamental, que o importante non é o que engulimos senón como o facemos xa que comer a présa e fartarse son factores que aumentan notablemente o risco de obesidade.



Te puede interesar