Opinión

A emoción galega

Gústame o fútbol. Gozo co fútbol. Pero ás veces que mal o paso vendo o fútbol. 
Partido de volta dos cuartos de final da Liga Europea entre o Genk e o Celta. Se marcaban os belgas quedaba eliminado o Celta. Pero marcou o Celta. Canta alegría! Mais a alegría na casa do pobre dura pouco. Axiña marcaron os belgas. Aínda pasaba o equipo galego (en Vigo quedaran 3-2), pero, outra vez, se marcaba outro máis os do Genk, adeus Celtiña! Quedaban aínda 29 minutos. Longos, dolorosos, eternos.

Canto sufrimento, por Deus! Cada vez que os belgas atacaban, o corazón dálle que dálle; a bombear angustia, a bombear medo. Cada vez que os olívicos perdían o balón o sorriso dáballe paso ó desacougo e seriedade. E non digo nada xa cando os contrarios mandaban os balóns á área. A miña cara imaxino que sería todo un poema. 

Os cinco minutos de desconto foron coma un cravo para que, carallo!, para que me desangrara. No asubío final xa todo volveu á normalidade e o sufrimento deu lugar á emoción... á emoción galega que levo dentro.

Te puede interesar