Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
Collín un trapo vello e gastado para limpar a mesa. Sobre esta pousei a miña alma. Ou era a miña conciencia. Xa non sei moi ben. Si sei que, ós cachos, era branca e, ás veces, negra. A verdade é que cambiaba de cor de continuo. E tanto cambio alteroume un chisco. Mesmo a quixen pintar de laranxa. No faiado tan só tiña un bote de cor verde. E de cor verde a pintei. Quedaba bonita. Ata penso que acertei; creo que a conciencia aínda a teño algo verde. Non así a alma. Alma que chouta de cor en cor. E Deus dirá onde quere parar.
Como a mesa estaba limpa coma unha patena, nun recanto tamén pousei a culpa. Sobre esta prefiro gardarme a súa cor. Non vaia ser o demo que botedes as mans á cabeza. Que quede a cousa como está, ou sexa, pousada nun recanto e facéndolle compaña á alma. Ou era á conciencia? Xa postos, dividín a mesa en varias parcelas (o meu ruralismo asoma cada dous por tres) para asentar nelas algo de todo; desde a alegría á xenreira, desde a cara de ferreiro ós sorrisos abertos, pasando polas xesticulantes faceiras e os latexos pasionais, polos insultos e as oracións (si, á miña maneira aínda sei rezar algo), polos soños e os pesadelos.
A derradeira parcela foi para a identidade. Ocupaba todo o centro da mesa. Era das máis grandes. Porque eu son eu e non, o meu ego é meu. E que cada quen lle busque tres pés ó gato ou que lle cate a alguén as pulgas. Ós poucos minutos, e como non quería deixar rastro (para que?), volvín limpar a mesa co trapo vello e gastado. Quedou de novo como a patena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
Jaime Noguerol
La sombra de Caín
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Ahorro
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Poema insignificante del redivivo
Lo último
24 HORAS PARA ALQUILAR
El reto de alquilar un piso en Ourense: “Hay anuncios que no duran ni un día”
PRÓRROGA DE ALQUILER
Hasta 5.000 contratos de alquiler en vilo por la prórroga del Gobierno