Opinión

Asombrado de que se asombren

Asombrado estou de que algúns se asombren do atraso da chegada do AVE a Galicia. Asombroso! A verdade é que ás veces pecamos de ben inocentes, de incautos. E iso que xa tiñamos a experiencia da autoestrada A-52. A ver cando nos decatamos de que somos o cu do mundo!

Asombrado estou de que algúns se asombren da remontada do Real Madrid ante o Deportivo. Asombroso! Veña, home, por todos os santos... que era o Deportivo, que non era o Atlético nin o Barça. Buscade nos arquivos e atoparedes remontadas a darlle cun sacho nos tempos de desconto, pero a ningunhas se lles dá a pompa que se lles dá ás do Real Madrid. Nese mesmo partido o Dépor marcou dous goles (e non é moco de pavo adiantarse ó Madrid no Bernabéu) e non armaron o que argallaron os brancos coa remontada... ese envorcallarse polo chan, que mesmo semellaban... Patético o espectáculo!

Te puede interesar