O avogado das silveiras

O avogado das silveiras

Xacobe Hebraico Segundo era avogado. Pero tiña fama de avogado da lareira ou avogado de cagar entre o millo. Porque dicía que defendía ós pobre, e non sabía distinguir entre pobres e ricos. Xacobe Hebraico era fillo dunha humilde familia de labregos que tan axiña como chegou á universidade esqueceuse de onde procedía. Non fora o demo que... Así é que se deu unha certa importancia entre os círculos do seu barrio, que non eran outros que catro poetas, seis pedichóns e unha ducia de señoritos. El pensaba que eran señoritos. Pero a verdade era que simplemente se tiraban o día sentados ó sol e estaban a velas vir.

Estes señoritos coñecían a Xacobe polo alcume de O Avogado das Silveiras. E creo que foi porque unha vez, ante catro cafés e media ducia de cervexas, confesoulle ós presentes que había no gran café do barrio, non sei que do marco que había entre unha silveira. Fíxoselles un chisco de historia sobre a simboloxía dos marcos nas divisións das leiras, que non era trompo na uña, ou sexa, moco de pavo; ata tal punto de asistir á xuízos por leas ou incluso asasinatos por un puto marco. Por certo, isto non lo confesou ós oínte, pero en todos os xuízos nos que participou sobre asuntos de marcos, perdeunos todos. Non obstante, el sempre tiraba para adiante.