Opinión

Coma decorados de cartón pedra

Non fai falta ser un lince para saber que os pavillóns e colexios son recintos nos que se acollen, preferente e maioritariamente, nenos.

Tampouco se precisa ser lince para descubrir (xeralmente polos medios de comunicación) que todos os anos, ante calquera ventada ou treboada, os tellados ou partes ou cachos dos pavillóns ou colexios viaxan durante un tempo polo espazo sideral da estupidez ou da miseria ou da ineptitude duns e doutros. Que pasa? Por que se lle escapa tanto a esas construcións? Deberían ser as máis seguras do mundo! Nelas estudan ou xogan nenos con toda unha vida por diante. Emporiso semellan construcións de cartón pedra. Ata creo que eran máis seguros aqueles decorados de cartón pedra das películas de romanos dos anos sesenta e setenta. Tampouco entendo que aínda ninguén levantara a voz como é debido ante esta situación, e a pesar de producirse todos os anos os mesmos desastres. Se non é un pavillón é un colexio, se non é un colexio é un pavillón. E moitas veces os dous.

Te puede interesar