Opinión

Cos ritmos do thriller

En case todos os ámbitos que acaban tendo unha repercusión pública e histórica notoria, hai figuras que permanecen na sombra cuxa importancia para auspiciar fitos, encontros, acordos e, incluso, contribuír ó desenvolvemento e enxalzamento de determinadas personalidades resulta decisiva. Coñecemos o rostro de quen sae en primeiro plano na foto, pero non adoitamos reparar nos secundarios do fondo. “Complot pola paz” é un documental que indaga precisamente nunha desas figuras do fondo que adoitaba evitar as fotografías e que resultou determinante non só para poñer fin ó apartheid en Sudáfrica, senón para a liberación de Mandela e o su nomeamento presidencial posterior.

Jean-Yves Ollivier, un empresario francés de orixe alxeriano, aterra un bo día en Sudáfrica e decide resolver o conflito de medio continente africano envolto en guerras internas, persecucións e un racismo atroz.

Aínda que sempre disposto a moverse por intereses económicos (é un empresario de cereais) e dada a súa experiencia como adolescente en Alxeria, cando tivo que exiliarse a Francia xunto a un millón de persoas debido á guerra de liberación, está disposto a que os inxenuos brancos surafricanos non lles suceda o mesmo por como tratan ós negros, polo que a única saída é a paz social e para elo, a paz na rexión.

“Complot pola paz” toma os ritmos propios do thriller e dosifica a información para manternos atentos ata o episodio de nomeamento de Mandela.

O montador madrileño Carlos Agulló debuta na dirección de longametraxes apoiado pola máis veterana Mandy Jacobson dotan ó filme dun aire de películas de espías que o espectador agradece desde o primeiro minuto da cinta, xa que a sucesión de datas, nomes e datos que se ofrecen é tan intensa que sen ese apoio cinematográfico faríase unha obra moito máis densa. Documental ameno con ritmo trepidante coma o mellor thriller.

Te puede interesar