Opinión

Cun simple apertón de mans

Manda truco! Eu que pensaba que para ulir nos chegaba con usar tan só o nariz. Pero resulta que o olfacto vai moito máis alá. Agora cun simple apertón de mans (un choca aí, paisano!) cheiramos á persoa que temos enfronte. Iso di un equipo de científicos de Israel. Seguro que non saben a que lles cheiran os palestinos! Non creo que lles choquen as man. Mais deixando a retranca, a verdade é que o descubrimento ten o seu aquel Enganados viviamos cos cheiros. Choca esa, amigo! Ui que demo!, cheira a porco; non se lavará ou virá dunha granxa de marráns? Choca esa, compadre! Este vén de segar un lameiro; que cheira a herba seca. Choca esa, machiño! Este caeu dunha nube negra, que cheira a terra mollada. Vou chocarlle a man a Pancracio Silabario, a ver a que cheira. E se lla choco a Ludivina Salerosa? Cheirará a rosas ou a augardente? Mira, alá vai Heraclio Chimpafigos. Eh, Heraclio, choca esas cinco, home! Carallo, que comiches? Cheiras a caldo acedo. Oe, e cuns bicos ás persoas, como serán os olores? Serán máis fortes, non si?

Te puede interesar