Opinión

Curiosa e singular

Apróxima voda da viúva do seu irmán sírvelle como escusa a Kapriel para intentar pasar un tempo co seu sobriño Alek a quen hai anos que non ve. Alek decide instalarse na casa do seu tío coa súa futura medio irmá a pesar da oposición da súa nai, coa soa intención de pescudar, de investigar algo máis sobre a figura escura e oculta do seu tío a quen parece que o resto da familia odia non se sabe moi ben por que razón. Alek ten a teoría de que o seu tío foi noutros tempos un sanguinario xefe da mafia armenia, e intenta demostrala rebuscando entre as súas pertenzas, posesións ou propiedades para realizar un perfil completo para a páxina web de historias sensacionalistas que xestiona, mentres que Kapriel só ten para el a misión de convertelo no seguinte “toastmaster”, é dicir, o mestre do brinde da familia.

Partindo dunha costume armenia, como é a de realizar un brinde nunha reunión familiar, o director español Eric Boadella constrúe en “Toastmaster (O mestre do brinde)” unha disertación sobre a necesidade dos inmigrantes de manter as tradicións e a unidade familiar. Durante o seu primeiro tramo, Eric Boadella seduce pola súa inevitable adhesión nos seus momentos máis surrealistas co recordo ó cine de Emir Kusturica, solapados por esa aparencia indie que envolve a todo o filme. “Toastmaster (O mestre do brinde)” susténtase na melancolía da idea inicial, pretendendo traspasar esa sensación sen recorrer, sen acudir á explicación manifesta. Pero por desgraza non sempre funciona a omisión cando o que se mostra tampouco é capaz de ilustralo porque quedan moitas lagoas no guión. 

A pesar disto, é xusto recoñecer o talento que reverte, que reborda Eric Boadella á hora de dirixir a súa película dunha maneira compensada e sen que se noten demasiado as limitacións que o seu presuposto e o seu tempo para rodalo, apenas dúas semanas, poderían causar. De todas maneiras, curiosa e singular película.

Te puede interesar