Opinión

Dicir Bardem...
por que?

Hoxe, ás 20.30, no Teatro Principal, levarase a cabo un dos grandes momentos desta 19 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, a entrega do premio Irmandade do Libro ó mellor guión adaptado pola novela “Alacrán namorado”, do escritor, actor e guionista Carlos Bardem, e que levou ó cine o realizador Santiago Zannou.

A ver, hai que temperarse, que moderarse para falar de Carlos Bardem. Por que? Porque en España dicir Bardem son palabras maiores. Para ben e para mal. Para un servidor, para moi ben. Pero sei que para máis dos que un quixera, dicir Bardem é case coma se asomase a peste ás súas vidas. Por que? Porque como o propio actor recoñece: “Falar alto e claro pasa factura”. E os Bardem (todos eles) falan alto e claro. Nun país coma o noso, iso págase! Vaia se se paga! Non se pode ir contra o sistema. E os Bardem van contra o sistema. Logo, para máis aquel, se son famosos, non che digo nada, axiña asoma o pecado nacional de España... a envexa.

Fillo da actriz Pilar Bardem e irmán do oscarizado Javier Bardem (outro que tal, verdade?) non precisa da familia nin, por suposto, dos sorrisos do sistema para triunfar en cada faceta das descritas ó principio. Licenciado en Historia, ós 36 anos escribiu a súa primeira novela, “Mortes exemplares”, pola que recibiu xa unha mención especial do xurado do Premio Nadal. Debutou no cine como actor en 1996 coa película “Máis que amor, frenesí”. Entre os seus éxitos como intérprete cabe destacar “Princesas” (2005), “Alatriste” (2006) e, faltaría máis, “Celda 211”, pola que obtivo varios nomeamentos como actor secundario (lembremos que o principal era o noso Luis Tosar). 

Nese ano (1991) edita a súa novela “Alacrán namorado”, algo así coma un Romeo e Xulieta con personaxes raciais, case marxinados. Por ela está hoxe aquí; el e a película, que se realizou catro anos máis tarde. Dicir Bardem é cantar as verdades. Es as verdades doen.

Te puede interesar