Opinión

Dúas lecturas distintas

Somos raros. Moi raros. Se digo que o concello de Becerreá vai nomear Filla Adoptiva a Teresa Romero, a auxiliar de enfermería, por sobrevivir á infección que tivera do ébola, moitos pensaredes que qué moi ben, que ten iso de raro? Pois nada, pois si, moi ben. Tamén eu me alegro de que sobrevivira. Pero... voulle buscar a rareza ó asunto. E se Teresa Romero contaxiase a medio concello ou a medio Lugo ou só que fose a media familia, que opinaría agora a xente dela? Estou seguro que o de Filla Adoptiva sería loxicamente unha quimera, unha utopía. É máis, ata case aseguro que asomarían titulares como “esa condenada por que non se quedou en África”, “esa apestosa que tivo que ir cheirar alá”. Estou ou non estou no certo? E sería a mesma persoa, a mesma Teresa Romero. Dúas lecturas distintas para un mesmo ser humano. Ó mellor cometo un erro, pero creo que tal asunto non é merecente dese nomeamento; pola razón esa de se cambiaran as tornas. Seguro que a crucificaban. Dúas lecturas distintas. Pero alégrome enormemente de que sobrevivira. 

Te puede interesar