Opinión

Eran outros tempos

Toda unha vida queixándonos de que no noso país non dimite ninguén, desde un adestrador de fútbol, por exemplo, ata un político. A verdade é que cando pedimos ou falamos moito dunha dimisión, penso que nos referimos máis a unha dimisión política. Porque tamén é verdade que hai por aí cada politiquiño... E despois tamén hai eses que van máis alá da propia poítica, ou sexa, do chamado "mangoneo". Ó descubrilos pedimos a súa dimisón, pero nada de nada. Non nos fan caso. Eu realmente aínda non sei como dimitiu o alcalde de Baños de Molgas don Enrique Rodríguez alá polo xaneiro de 1898. Claro, vendo o ano que é non queda outra que dicir: eran outros tempos. A nova que se publicou o 26 de xaneiro non di o motivo e sendo outros tempos, vai ti verificar o asunto. Si sabemos, non obstante, que o substituíu don Juan Francisco Alonso. No século XIX dimitían algúns. No século XXI non dimite nin Rita a Cantaora. E mira que os hai con motivos... Por iso é que, Baños de Molgas aí está, á vangarda da decencia. Que ninguén fale mal de nós.

Te puede interesar