Opinión

Un escape á realidade

Sen analizar moi a fondo os acontecementos da semana pa- sada, vemos que, practicamente, é o de sempre. Ou sexa, noticias que cabrean. Empezo a entender a esa xente (na que me inclúo) que usa o fútbol coma un escape á realidade. Aínda que o teu equipo perda (e polo que sofres, claro está), sempre lle podes buscar algún outro aliciente a esa perda; que tal xogada foi bonita, que tal parada foi impresionante, que se seguimos xogando así salvarémonos, etc. Pero que aliciente lle atopas á realidade de 458 nenos mexicanos escravizados por unha institución que os acollía, que os obrigaban a mendigar e que sufrían unha e outra vez abusos? Nin a súa liberación che pode alegrar a alma. Que aliciente lle atopas á situación do pobo palestino masacrado un ano si e outro e outro e outro tamén polos israelís? O xoves pola noite ían 230 mortos palestinos (45 nenos) por dous israelís. E tamén o xoves, o fillo putativo de Estados Unidos ordenoulle a 100.000 palestinos de Gaza que deixasen as súas casas porque, se intúe, pode haber “as de Dios es Cristo”. Que aliciente pode haber na nosa democracia cando ves que o PP se está cargando practicamente todo; des- de a educación á cultura, desde a sanidade á propia liberdade. Hoxe existe máis censura ca nunca. Ante este panorama: viva o fútbol! e o cine! e a lectura! e a música! Un escape á realidade. 

Te puede interesar