Opinión

Esperpento na autovía de Celanova

A maiores de que hoxe, precisamente hoxe, é o gran acontecemento que comentaba a semana pasada neste mesmo recuncho ( o das Novenas e, por suposto, o do día 8), a semana tamén nos deixou outras novas que, sinceramente, case paso por enriba delas. O tema dos yihadistas é algo que me altera os nervios, tanto pola culpa destes como pola culpa dos ianquis; aquí non se sabe cales son os máis culpables. 

Sobre o tema catalán, dá igual que opine ou non; a maioría dos lectores non me farán caso porque eu son partidario do desexo daqueles, e a min paréceme que o desexo daqueles é a súa independencia. Sobre o asunto Pujol, aquí si creo que estamos todos de acordo: que o tío meteu man ata o fondo do máis fondo do saco. Tamén creo que estaremos de acordo no aspecto deportivo: no baloncesto dirixímonos á velocidade do AVE cara á unha medalla… ata creo que de ouro. 

No fútbol, igual de acordo: que nos falta moito, principalmente gol, para chegar á orquestración futbolística de anos atrás. E xa rematamos con noticias locais: o máximo esperpento asoma na autovía AG-31 ou a de Celanova, que a pouco máis de ano e medio da súa inauguración, xa precisou de dous parcheados, de dous arranxos en parte do seu percorrido. Vese que a empresa escapoulle de carallo ós materiais.

Te puede interesar