Opinión

O espírito da contradición

Ai logo, por fin chegou! E chegou para demostrarnos que o ser humano ten instalado nas súas asaduras, nas súas vísceras o espírito da contradición. Tanto tempo sen chover e desexando que chovese que, agora que o fai, en tan só tres ou catro días, xa estamos máis que fartos da chuvia. Me cago no mundo, tiña que vir o diluvio universal! A ver se así escarmentabamos. O asunto da chuvia é case como a leria política. Primeiro votamos ó PP a carradas e ó seguinte día xa baduamos contra eles a darlle cun sacho. Pois xa veredes, ante unhas novas eleccións... maioría absoluta!

Somos así de contraditorios! Que Rafa Nadal xa estaba acabado, pero que heroísmo de novo de Nadal no Open de Australia (fago un inciso para dicir que, eu, persoalmente, opino que a súa época xa rematou, aínda que volva ganar algún torneo). Feito o inciso, volvo ó espírito da contradición: que Benzemá é un nugallán, pero ante un gol seu que marabilla de francés (outro inciso meu: é moito mellor que Cristiano Ronaldo). Que se hai sol, a ver cando raio caen lóstregos! Que se caen lóstregos, por que non se podían estar asando xa os paxariños coa calor. Que se a familia dos Bardem son inmensos interpretando, será por ser uns putos comunistas. Que se maldito Sálvame Deluxe ou como raio se chame, pero cada vez nos apegamos máis á Telecinco. Espírito da contradición para todo. Incluso para nós mesmos; que tan só por levarlle a contra a alguén, non aceptamos o seu razoamento aínda que teña máis razón ca un santo.

Te puede interesar