Opinión

A estupidez humana

Partido de fútbol Suíza-Ecuador. Domingo tarde. Moita calor. Pero na terraza da cafetaría estase como deus. Porque, a pesar da calor abafante, corre un airiño que calma os abafamentos. Pombas que buscan que peteirar. Sete menos dez da tarde. Sinal de tráfico que marca prohibido, nunha rotonda. Coches que pasan e xente que non cala. A verdade é que son algo escandalosos falando. E molestos, moi molestos. E moi chulos, ou mellor dito, moi pijos. Semella que queren ser o epicentro do mundo. E non serán o cu do mundo? Ou a estupidez humana. Falan e fan cousas que tan só os estúpidos cometen cando saben que teñen algo de público. Se estiveran sós, tomarían normalmente as súas consumicións e ata poida que atenderan ó partido de fútbol. Sei que é moi complicado buscar o epicentro do mundo. Polo que tamén sei que, polo camiño, e cando se perde o rumbo ou cando nos saímos da estrada da normalidade, adoitamos atopar a estupidez humana.

Te puede interesar