Opinión

Hai moita bestia solta

Sigo a voltas cos árbitros ou coas arbitraxes porque hai e hai e hai moito energúmeno, moita besta solta no noso país. Desta vez foi no campo de A Pontenova cando medio equipo (ou máis) do Guitiriz se abalanzou sobre o árbitro. Tivo que escapar a fume de carozo. Normal; quen non lle escapa a hienas que non teñen dous dedos de fronte. E sigo dicindo que non é problema de educación. Suponse, presúmese que xa desde cativos nos inculcan o respecto polo ser humano, por calquera ser humano. Que todo ser humano comete erros. Pero que tamén os temos que saber perdoar. Por que non correron detrás de tal compañeiro (que é unha persoa) que mandou aquel balón ás nubes cando tiña opción de marcar gol? Por que non aldraxaron a aquel outro compañeiro (que tamén é persoa) porque deu tan mal pase que lle entregou o balón ó rival? Hai fotos, hai imaxes; a miña sentenza é fácil: suspensión total de práctica do fútbol a eses abisinios e case borrar do mapa ó equipo.

Te puede interesar