HEROE DE PACOTILLA!
Hai uns días anotei nun pano deses de papel que poñen as cafetarías nas mesas para limparse unha anotación relacionada coas polémicas declaracións de Santiago Cañizares sobre o accidente de Juan Antonio Reyes coa intención de escribir un Pingas e poñéndome da parte de Cañizares, estando a favor del. Ese mesmo día, pola noite (que é cando adoita escribir os relatiños), optei por esperar porque a propia Dirección Xeral de Tráfico recomendaba sentidiño nas declaracións, mentres non se soubese a que velocidade ía realmente (ou máis ou menos) Reyes. Por certo, Cañizares declarara o seguinte: “Circular con exceso de velocidade é unha actitude reprochable. No accidente houbo máis vítimas. Reyes non merece unha homenaxe coma se fora un heroe”. As redes sociais seica botaron e botan fume. Pois ben, eu diría algo máis, agora que xa se sabe a que velocidade ía: que Reyes merece unhas hostias incluso de morto! Como para collelo e colgalo tamén. O que dicía Santiago Cañizares: que houbo máis vítima. Y que puido haber incluso moitas máis. Puido pagalas alguén que non tiña culpa ningunha. Non se pode circular a esas velocidades por moita “fama” que teñas ou por moi “importante” que te sintas. Outro por certo, en Andalucía seica xa o coñecían coma o Fernando Alonso. Heroe, heroe... heroe de pacotilla!