Opinión

Inocente

O home que estaba apoiado na barra da cafetaría estaba a falar sobre temas intranscendentes pero sen lle facer mal a ninguén. Tamén é verdade que non tiña malicia e que, emporiso, era fácil de enganar. Era un inxenuo. Era un inocente máis deste século XXI. O home, que se chamaba Timoteo Ruiz Esquerdo, estaba exento de toda culpa. É baixo de estatura e cos dedos da man esquerda medio tolleitos, ao mellor por culpa da reuma ou dalgunha lesión de cando andaba nas obras. Agora estaba sen emprego e coa inocencia navegando polos ríos da inmisericordia.

Te puede interesar