Opinión

O latexo do noso vivir

Aí está. Coa forza dunha ilusión. Coa ilusión dunha carga familiar. Porque día a día é terra, é aire, é sorriso e gargallada, é loita e calma. Porque día a día sabe da súa responsabilidade. Porque ti, muller, es o latexo do noso vivir, es o espazo que ocupa todo o noso tempo. Es o tempo eterno nas nosas vidas. Es o silencio da noite e a angueira de todo o día, de todos os días. Aí está.

Coa loita ansiosa ante as adversidades. Coas adversidades que agachan a cabeza ante a súa constancia. E miras para o home e pensas nos fillos; e segues. Porque ti, miña dona, es a argola na que nos agarramos os tres. Porque ti, muller, es a música dun asubío e o asubío dun tema de amor, e de nostalxia, e de melancolía, e de morriña. Es o vivir dun revés, doutro revés. Porque non te deixas vencer. Porque nada nin ninguén che fará chantar os xeonllos. Porque vives por e para os teus. Aí está. A miña dona. Ó meu lado. Ó noso lado. Sempre. Vai por ti, neniña.

Te puede interesar