Opinión

A LAVANDEIRA

A lavandeira percorre as baldosas do carreiro toda parsimoniosa e a pesar da xente existente no recinto da piscina. Peteira de aquí e peteira de alá. Outea o horizonte insistentemente, non vaia ser que un rapaz apareza de súpeto e lle pegue un susto morocotudo. Logo de cruzar os tres metros do corredor, ponse as botas no céspede, onde aí si atopa toda clase de bichiños aos que pode peteirar e engulir. Pero segue pendente de todos os movementos que se desenvolven ao seu arredor. Non sexa o demo! Axiña tivo que alzar o voo porque unha neniña achegábase perigosamente. Pousou na galla dun plataneiro e contemplou durante un bo cacho á nena. Logo, pasado xa o perigo, volve facer parada e fonda no céspede para poñerse de novo as botas.

Te puede interesar