Opinión

Se mantivera a boca pechada

Non hai antimadridismo que valla… á hora da verdade non me importa confesar a admiración por algún que outro xogador merengue. Non sei, actualmente, Ramos, Modric, Benzemá e Ronaldo. Por certo, prefiro antes a Benzemá e a Modric que a Ronaldo. A este véxoo máis ben como a un portento físico, como a un atleta, e punto. É bo, si, pero mátano as súas declaracións, incluso os seus xestos. Fixádevos nel cando os compañeiros meten algún gol (como corre para abrazalos, como chouta de alegría; é un dicir, claro). Aquela declaración de que lle temos envexa porque é bo e guapo. E rico, faltaría máis! Agora seica o atacan por iso da evasión fiscal, que segundo el “hai moitos inocentes no cárcere”. Que desa maneira se sente. Xa quixera eu sentirme do mesmo xeito! Sei seguro que lle quererían máis se ás veces mantivera a boca pechada.

Te puede interesar