Opinión

Hay que moverse!

Botei un pé para adiante e o outro quedou atrás, claro. Hai que facer así para poder camiñar. Hai xente que anda para atrás, coma os cangrexos. Pero aínda así tamén ten que mover os pés. Unha cousiña?; iso dos cangrexos non non é unha expresión mal dita? Creo que andan de lado. Ó mellor erro na miña apreciación... como non son home de mar. Eu son home de leiras e de vacas. E tiña que botar un cara adiante e deixar o outro atrás para seguir a liña do arado, e incluso para subir ó alto dos carballos. Se non usas os pés, non te moves. Se non te moves, quedas quieto. Se quedas quieto, es coma un moble. Se es coma un moble significa que non vales un carallo. Se non vales un carallo dáche igual mover os pés ou non. Se non moves os pés, non podes andar. Se non andas, non vas a ningún lado. Se non vas a ningún lado, estás de pasmón en calquera recanto da vida. E non hai peor cousa que ser un pasmón. Para non ser un pasmón, fai o pino e ponte a andar coas mans, que será para o único que vales. Hai que moverse!, se queres vales para algo. 

Te puede interesar