Opinión

Non me cadran as contas

Imos alá. A poñer catro trapalladas e dúas ideas que non terán nin pés nin cabeza. Mentres pensamos nelas, o jazz de Dave Brubeck acompaña a soidade noitébrega dun día que está a piques de rematar. Lembrade que todo ten a súa fin. Ata os que se senten eternos, perpetuos, imperecedoiros, inmortais morren coma calquera fillo de veciño. Tan só Xesucristo resucitou. Iso din. Agora que... vai ti saber! A min non me cadran as contas. Iso de que resucitase... e de que nacese dunha virxe. Naqueles tempos! Tampouco me cadran as contas de ir ata o infinito e máis alá. Non consigo ir uns cantos quilómetros, como para alcanzar o infinito. Por certo, onde carallo está o infinito? E o máis alá? Si, moito Buzz Lighyear, pero tampoco me cadra que el fose máis alá dunha pantalla de cine. Catro trapalladas, dúas ideas e segue Dave Brubeck marcando o ritmo da soidade noitébrega, do silencio noitébrego.

Te puede interesar