Opinión

Notable película española

A Bigas Luna ocorréuselle o argumento de “Angustia” nunha conferencia de Eugenio Trías sobre as películas de Alfred Hitchcock, en concreto “A ventá indiscreta”. Fascinoulle a visión de Trías sobre o carácter tridimensional de Hitchcock.

O director rodara en Estados Unidos “Reborn” con Dennis Hopper, e a pesar de non lograr con ela bos resultados, estaba disposto a repetir a ex- periencia de rodar naquel país. O guión de “Angustia” intersoulle a algúns produtores de Hollywood, pero as condicións que estes impoñían non foron do agrado de Luna. Entón decidiu filmala na súa Barcelona natal, o que logrou grazas ó en- tusiasmo do produtor Pepón Coromina, que xa lle producira as súas primeiras películas, “Bilbo” e “Caniche”. O produtor entusiasmouse coa idea de rodar unha película en inglés para o mercado norteamericano e feita integramente en Barcelona.

Para insistir no aspecto “norteamericano” da longametraxe, contactaron con Bette Davis para que interpretara o papel da nai, o que finalmente fixo Zelda Rubinstein, experta en personaxes de vidente grazas ás súas intervencións nas dúas partes de “Poltergeist”. Pola outra parte, Michael Lerner encarnou ó fillo asasino.

“Angustia” conta a historia de Hoffman, un enfermo que traballa nunha clínica oftalmolóxica e que vive baixo a opresiva inf luencia da súa nai, unha desequilibrada médium que o somete frecuentemente a hipnose. Como consecuencia desta relación, Hoffman, que está perdendo a vista, é un asasino psicópata que lle arranca os ollos ás súas vítimas.

“Angustia” é unha notable película, unha proposta suxestiva que lle procura ó espec-tador unha estraña fascinación: a fascinación illada de planos que se gravan como impactos de inusitada forza. É unha especie de homenaxe á condición hipnótica que o cine nunca deixará de supor, a súa fabulación inherente so- bre a nosa propia e ben materializada realidade. O filme é xa un clásico do cine español. 

Te puede interesar