Opinión

A pesar dos paus... todos contentos!

Todos sabemos que o gran acontecemento no noso país (diario, semanal, mensual…) é o fútbol. Nisto non hai volta de folla, aínda que nos pese. A min non me pesa. Gústame a fútbol. Pero de cando en vez tamén acontece algo que, polo menos, nos fai desviar un chisco a atención do balompé. Esta semana pasada non se falou doutra cousa que das eleccións europeas e do abandono do secretario xeral do PSOE, Pérez Rubalcaba.

Eleccións europeas. Como sempre. Como todas as eleccións. Todos contentos! E mirade que houbo paus para dar e tomar (exceptuando a Podemos). Pero é igual; todos contentos. Houbo partidos que se desangraron de carallo; pero igual de contentos. Que se en tal provincia ganaron. Que se sumaron máis votos que aquel outro. Que se a porcentaxe foi máis alta que hai xe anos. Todos, absolutamente todos declararon quedar contentos. Logo, como pouco a pouco a realidade os pon no seu sitio, empezaron, si, a facer acto de contrición. Pero ata ese momento, todos contentos!

Rubalcaba. A súa derrota foi tan estrepitosa que non lle queda outra que abandonar o barco. Xa hai moito tempo que tivo que facelo. Que o partido da oposición siga caendo por un pozo sen fondo cando o partido que goberna o está a facer fatal… malo! Algo non marcha no PSOE. Precisan un gran cambio ou, case mellor, empezar de cero.

Te puede interesar