Opinión

A prensa fomenta os anglicismos

Estamos nun país de ineptos. Que deixamos que a lingua galega se vaia ó carallo e a castelá ó quinto inferno. Informaticamente xa quedan moi pouquiñas palabras castelás. Todo son expresións inglesas. Que as fomenta a propia prensa española. Cada día me perdo máis nesas lecturas que meten as redes sociais por medio. Agora mesmo estou lendo a seguinte frase: “Son os hipsters os que elixen a barba e é a barba a que quere que os hipsters elixan á barba”. Falando claro: nin puta idea! Outra: “Hipsters non votan porque é mainstream”. Serei parvo, pero asegúrovos que non sei o que quere dicir ningunha desas dúas frases. E saen nun xornal que leo todos os días..., pero que cada vez entendo menos. Resumindo, que quedei a velas vir. Que tiven que pasar a outra noticia sen saber o que dicía a anterior. A propia prensa española fomenta os anglicismos. E o Goberno español e a Xunta de Galicia quedan cos brazos cruzados. Ante isto, aproveito para mandar o aviso desde aquí: escribireino mal, pero para min sempre será: feisbuq, guasap (ou mensaxaría instantánea), correo electrónico, tuiter (ou trilar), guguel. E así, tantas e tantas. Irán como as pronuncie.

Te puede interesar