Opinión

Vinganza

Quero vingarme daqueles que me cravaron coitelas e coitelos na alma de cando eu me desvelaba por eles. Deino todo por unha felicidade compartida e da que non obtiven ningunha recompensa. Vinganza nunha tarde calorosa de abril. Vinganza nunhas liñas escritas nas que o paso do tempo non perdoa a indiferenza duns cantos. Quixen axudalos con voltas e reviravoltas pero á fin do camiño sempre había muros tan grosos que non había forma de traspasalos. Vinganza na noite calada dun presente que tira, que empurra dun pasado que foi duro e cheo de toxos esparexidos por todos os camiños polos que me quixen meter. Vinganza para uns cantos.

Te puede interesar