Opinión

Onde están os paxaros

Limeres (Cerdedo). ano 1953.-Dous nenos xogan nun prado á pelota mentres a avoa e a tía Julia preparan o xantar. O avó está deitado nunha hamaca cos ollos pechados , finxindo durmir para que ninguén lle fale do seu mal. Os rapaces berran chamando o seu curmán que xanta moito antes que eles . Por moito que berren non aparece o rapaz e, unicamente as pombas respostan a súas chamadas. A tía Julia asomase a fiestra e coa man indícalles que teñen que entrar na casa porque a comida xa está na mesa e si non veñen pronto vaise arrefriar. Se se portan ben, despois de papar abundantemente, os rapaces, que son de moi bo dente, pódense erguer, lavar as mans e dispóñense a saír co curmán, que leva un bo rato esperando por eles . O avó entra na casa co paso lento, propio dos enfermos de párkinson, e coa axuda dun caxato de madeira de almez, agasallo dunha mestra da súa academia. Lémbralles aos netos que as 5 do serán teñen que estudiar e ler algo do Quíjote. Eles agachan a testa en aptitude afirmativa, porque o que están desexando facer e ir a coller ovos dos paxaros que aniñan nas carballeiras e nos soutos, e sobre todo as que se atopan nos toxos e silveiras.

Venezuela anos cincuenta.-Unha familia trasladase dende EE.UU a Venezuela por razóns de traballo. O matrimonio ten un fillo dun ano e un cadelo da raza boston terrier, co que xoga o rapaz. Ao chegar á nova casa e abrir a porta quedan arrepiados o comprobar que centos de cascudas camiñaban polo chan e incluso polas camas. Para exterminalas utilizaron un insecticida que levaba un forte veleno coñecido pola eficacia no exterminio de parasitos: o endrín. Para evitar problemas sacaron da casa o rapaz e mailo can antes de pulverizar; cando empezaron eran as nove da maña e a tarde recolleron centos de cascudas mortas, despois fregaron o chan e o rematar deixaron entrar o neno e o can. Unha hora despois o can morreu e o neno quedou convertido nun vexetal. O endrín exterminou as cascudas pero a costa da vida dun ser humano (Recollido no libro de Rachel Carson “Primavera silenciosa”). 

Limeres (Cerdedo)ano 1970. Unha parella chega ao lugar de Limeres para descansar uns días sen soportar o ruído da cidade. O baixar do coche unha estraña quietude envolveunos nun silencio que falaba sen paxaros, nin outros animais, incluso os insectos desapareceron. Non se percibía un só rumor, o silencio estendíase sobre as veigas, as carballeiras e os soutos. Non foron as meigas , nin a guerra, nin o clima... O estraño era un polvo branco que cubría os tellados, os camiños e os carreiros, era o polvo da morte que os homes votaron para dominar a natureza.

Xinzo de Limia 2023.-El Viejo Milenario frunció el entrecejo, recordando las enigmáticas palabras de su primo el año 1953 cuando disfrutaban robando los huevos de los pájaros que por millares colonizaban las frondosas tierras de Limeres (carrizas, pombas ,paspallás, anduriñas, papamoscas, merlos, papuxas ,tordos, lavandeiras…). “ Onte un avión votou miles de escaravellos ...”. Después vino el polvo blanco para matar a los bichos que destruian las cosechas: DDT, selenio, malatión, paratión, fosfatos alquílicos, el endrín, el dieldrín, clordano, arsenico... pero el más nocivo y tóxico de todos es la mezcla de Benjamín Netanyahu con Biden, algo de Putín aderezado con Mohamed bin Salmán y servido con guarnición de Hamas .

Todo está planificado, todo es fruto de la lucha del angel caido contra el Ser y el Viejo milenario comprendió porque padecía la enfermedad de Parkinson.

Te puede interesar