Opinión

UN SEÑOR MOI SERIO

Na miña lembranza gardo a imaxe dun profesor que tiven nos meus anos de mocidade. Impartía matemáticas, chegaba sempre puntual e traía baixo do sobaco unha caixa bermella, onde viñan cautivas as tizas que empregaba no encerado, o que chamaba 'la palestra'.


Iste home, de pequena estatura -da que non era conscente- posuía un mal carácter; mesmo parecía estar 'eternamente enojado'. Se tiñamos algunha dúbida sobor de algún tema, había que botarlle valor para facerlle a pregunta correspondente. Si, voltaba a explicar, pero poñendo cara de ferreiro. O intre máis angurioso era cando te sinalaba co índice para decirche: 'Fulano, salga a la palestra'. A min temblábanme as pernas.


As súas leccións xeneraban unha atmósfera tensa; todos desexábamos que algo milagreiro e cómico acontecese para dar liberdade ás nosas ganas de rir e saltar. O milagre non apareceu, e iste profesor tan serio, solemne e envarado seguiu así ata que o perdimos de vista.


Hoxe sabemos que tamén 'o demo é un señor moi serio e non atura que se rían del'.

Te puede interesar