Opinión

A reforma

“O xusto pola fe, vivirá” (Romanos 1:17)

Cando Martiño Lutero leu estas palabras, o mundo enteiro foi sacudido. Decatouse de que a salvación non dependía de ningún ser humano, senón de Deus directamente, e o que Deus espera de nós é simplemente a nosa confianza. Que creamos no que El di. Así de sinxelo.

Cando lemos a carta aos romanos, no principio sentímonos culpables porque sabemos que estamos lonxe de Deus, pero pouco a pouco imos lendo como pola fe en Xesús a nosa vida pode cambiar, e nos últimos capítulos do libro aprendemos que Deus nos coida, para sempre!, e que ninguén nos pode separar do seu amor e o seu coidado.

Cando Lutero traduciu o Novo Testamento para que todos puidesen ler o que Deus dicía, o mundo enteiro foi transformado. Moitos comprenderon que xa non se trataba do que alguén podería afirmar, senón da mesma Palabra de Deus. Podemos confiar a nosa vida enteira a Xesús, non só aquí, senón tamén por toda a eternidade.

Te puede interesar