Opinión

Alguén nos escoita sempre…

“Chámame e respondereiche,

E mostrareiche cousas grandes e inaccesibles”

(Xeremías 33:3)

Xeremías  foi chamado cando era mozo, e durante cincuenta anos (nada menos!) falou a verdade a todos, pero poucos fixéronlle caso. De feito, rematou sendo asasinado e non foi quen de ver o froito do seu traballo. A el, aparentemente, non lle importou, seguiu sendo fiel a Deus e a súa mensaxe.  

O comportamento do pobo de Deus naquel momento era absolutamente terrible: mentían, eran idólatras, desconfiaban de Deus, etc. e Xeremías tivo que enfrentarse a todos: sacerdotes, falsos profetas, xente poderosa, etc. e polo tanto, pasou momentos moi difíciles. De feito pensou en abandonar en moitas ocasións, pero volvía a confiar en Deus unha e outra vez. A razón? Deus sempre está con nós, e nos escoita sempre. 

Aínda que a situación pode parecer semellante á nosa, porén xamais debemos esquecer que Deus  non nos abandona nunca,aínda que( aparentemente) as cousas non melloren. El ten a última palabra en todo.

Te puede interesar