Opinión

As cartas

O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non garda malicia; non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade” (1 Corintios 13: 4-6)

Non hai voda que se precie na que non se lean algunhas destas frases… A centralidade do amor na vida é a verdadeira revolución do cristianismo. Corinto era a cidade máis corrupta do imperio romano: idolatría, ocultismo, prostitución sagrada, roubos, perversións, asasinatos, etc. ; eran normais naquela época.

Paulo escribe directamente ao corazón de todos dicindo que só o verdadeiro amor pode transformalo todo. Por unha razón moi sinxela: Deus é amor. Ese amor é a clave nas relacións con todos, porque nos ensina a experimentar a graza do noso Creador. Saber que nos ama dun xeito incondicional e que pode perdoarnos, é o que transforma a nosa vida.

Te puede interesar